Como anunciamos a pasada semana no noso Facebook, poñemos en marcha esta nova web da Comunidade de Montes de Extramundi para achegar todo o posible a información a comuneiros e público en xeral.
Estos días entraron en servizo estas seccións:
Espazo adicado a que todo comuneiro que o desexe poida acceder á documentación dispoñible da
Comunidade de Montes. Esta sección encontrase en construcción. O contido dispoñible esta marcado cunha ✅ mentres que o non dispoñible aparece marcado cunha ❌
Dende esta sección poderás darte de alta como comuneiro, solicitar a baixa ou modificar os datos. Recorda que para ser comuneiro debes reunir uns requisitos (que explicamos debidamente na sección) e ser aprobada a tua solicitude en asamblea xeral. Ainda así, podes iniciar a solicitude, xa que desta forma poderémosche avisar da próxima asamblea na que se levará a cabo a actualización do censo de comuneiros.
Tamén poderás acceder ás ultimas actas das asambleas celebradas, últimas contas anuais, e planos da masa común da comunidade. Para poder acceder a estes contidos debes de ser Comuneiro e ter permiso de acceso.
Información actualizada das actividades e melloras na Casa da Cultura de Extramundi
Nesta sección tes os enlaces directos aos nosos grupos de Whatsapp e a nosa páxina de Facebook.