mércores, 3 de abril de 2024

A NOVA WEB - Seccións Dispoñibles

Como anunciamos a pasada semana no noso Facebook, poñemos en marcha esta nova web da Comunidade de Montes de Extramundi para achegar todo o posible a información a comuneiros e público en xeral. 

Estos días entraron en servizo estas seccións:

  • Rincón do Comuneiro:
Espazo adicado a que todo comuneiro que o desexe poida acceder á documentación dispoñible da
Comunidade de Montes.  Esta sección encontrase en construcción. O contido dispoñible esta marcado cunha ✅ mentres que o non dispoñible aparece marcado cunha ❌

Dende esta sección poderás darte de alta como comuneiro, solicitar a baixa ou modificar os datos. Recorda que para ser comuneiro debes reunir uns requisitos (que explicamos debidamente na sección) e ser aprobada a tua solicitude en asamblea xeral. Ainda así, podes iniciar a solicitude, xa que desta forma poderémosche avisar da próxima asamblea na que se levará a cabo a actualización do censo de comuneiros.

Tamén poderás acceder ás ultimas actas das asambleas celebradas, últimas contas anuais, e planos da masa común da comunidade. Para poder acceder a estes contidos debes de ser Comuneiro e ter permiso de acceso. 

  • Casa da Cultura:
Información actualizada das actividades e melloras na Casa da Cultura de Extramundi
  • Canles Informativas:
Nesta sección tes os enlaces directos aos nosos grupos de Whatsapp e a nosa páxina de Facebook.


Por outra parte, na barra lateral esqueda (se visualizas a páxina en modo ordenador) seccións de acceso rápido:

  • Novas por temas
Para acceder directamente ás temáticas que che interesan
  • Accesos directos
Links de interese para facer trámites de interés xeral (pedir permiso de queimas, usar o visor SIXPAC etc...)


Próximamente teremos máis novidades que iremos poñendo por aquí. Esperamos que sexan do voso agrado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario