Unha das apostas fortes da nova xunta reitora e acercar a comunidade de montes a tódolos comuneiros, de tal forma que non so se enteren da actividade da comunidade nas asambleas anuais, senon que sexan partícipes das labores que se fan polo ben do noso monte e dos usuarios durante todo o ano.
Próximamente, poderase visitar tamén a páxina de Facebook, así como un canal de difusión a través de Whatsapp.
No apartado "Censo de Comuneiros" pódese solicitar a alta, baixa ou a modificación de datos no censo. Estas modificacións poderánse facer durante todo o ano, ata o día da Asamblea Xeral, onde se someteran a votación para a súa aprobación ou non, e posteriormente actualizar o censo
Por último, habilitase nesta propia páxina web o "Rincon do Comuneiro" onde tódolos comuneiros que o desexen poderan acceder e consultar as ultimas actas e contas da comunidade e solicitar a información que precisen.
Con este esforzo por facilitar a información e a transparencia, esperamos que os veciños comuneiros vexan na Comunidade de Montes de Extramundi unha ferramenta de mellora para Extramundi e o seu monte comunal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario